Adam

Adam

Familia de escultores franceses orixinarios de Nancy. Os máis destacados son Lambert Sigisbert Adam , chamado Adam l’Ainé (Nancy 1700 - París 1759), que traballou para Luís XV nos xardíns de Versalles (Fonte de Neptuno) e publicou un tratado de escultura grega e romana titulado Recueil de sculptures antiques (Escolma de esculturas antigas, 1754); Nicolás Sébastien Adam , chamado Adam Cadet (Nancy 1705 - París 1778), autor do sepulcro de Caterina Opaliuska (1749) en Nancy; e François Gaspart Adam (Nancy 1710 - París 1761), que traballou para Federico II de Prusia en Postdam. Cultivaron un estilo barroco derivado do de Bernini.