Adam
Adam
Familia de arquitectos e, especialmente, de decoradores escoceses do s XVIII, que dan nome ao estilo Adam -estilo neoclásico que se inspira na Antigüidade Clásica greco-romana e en Palladio-. Foron catro irmáns, Robert (Kirkcaldi 1728 - Londres 1792), James (Kirkcaldi 1730 - Londres 1794), William e John , fillos de William Adam (1688-1748), arquitecto de Edimburgo. Arroupados pola nobreza inglesa, decoraron antigas residencias ou edificaron outras novas cunha ornamentación exquisita. O seu estilo espallouse por toda a Illa e polo continente europeo e foi fonte de inspiración das artes do deseño ata a época napoleónica.