Adamov, Arthur

Adamov, Arthur

Dramaturgo de orixe armenia, de formación francesa e residente en París dende 1924. Participou como poeta e xornalista no superrealismo e dende 1950 converteuse nunha das figuras máis sobranceiras do teatro do absurdo, con obras como La grande et la petite manoeuvre (A gran e pequena manobra, 1950) e Le ping-pong (O ping-pong, 1953). En 1955 iniciou unha nova etapa coas obras Paolo Paoli (1957) e Printemps 71 (Primavera 71, 1960), con temas e técnicas do teatro épico. La politique des restes (A política dos demais, 1962) presenta a relación entre a neurose individual e o seu trasfondo social e político.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Kislovodsk, Stavropol, Rusia

  • Deceso

    Lugar : París