Addison, Joseph

Addison, Joseph

Escritor e político inglés. Foi redactor do xornal The Tatler que dirixía R. Steele, con quen fundou o diario The Spectator. Practicou unha literatura moral coa que tipificou a sociedade inglesa previtoriana, personificada no gentleman conservador e moderado. Foi Deputado (1708) e Secretario de Estado (1717). Das súas obras destacan a epístola poética A letter from Italy (Cartas dende Italia, 1704), o poema “The Campaing” (A campaña, 1705) e a traxedia Cato (1713).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Milston, Wiltshire

  • Deceso

    Lugar : Kensington, Londres