Adenauer, Konrad
Estadista alemán. Estudiou Leis e Economía. Importante home de negocios, foi burgomestre de Colonia (1917-1933). Durante a República de Weimar, foi representante do Centro, partido católico, na Dieta Provincial Renana e no Consello de Estado prusiano, do que foi Presidente (1920-1923). Destituído polos nazis e exiliado a Rhöndorf (1933-1935), no 1944 foi enviado a un campo de concentración. Os norteamericanos restituírono como burgomestre de Colonia (1945), sendo logo destituído polos británicos. Cofundou a Unión Demócrata Cristiá (CDU) que presidiu ate 1966, e dirixiu o Consello Parlamentario Constituínte creado polos aliados (1948). Nos anos 1949, 1953, 1957 e 1961 foi elixido chanceler; período no cal tamén tivo exercido como Ministro de Asuntos Exteriores (1951-1955). Foi substituído na Chancelería por Erhard (1963). Partidario do retorno ao liberalismo económico e da adhesión ao bloque occidental, conseguiu axuda económica a través do plan Marshall. Acadou a adhesión da República Federal Alemana á Comunidade Económica Europea (1951) e á OTAN (1954).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Colonia -
Deceso
Lugar : Rhöndorf, Westfalia