Ader, Clement
Enxeñeiro mecánico francés, considerado o ‘pai da aviación’. No ano 1866 instalou un taller onde construíu un aparello, ao que lle deu o nome xenérico de avión e específico de Éole, coas ás pregables de 6,50 m de lonxitude e 14 m de envergadura. Impulsado por un motor de vapor, o Éole elevouse e percorreu uns 50 m o día 9 de outubro de 1890. O ministerio de guerra francés fíxose cargo do proxecto, que considerou de interese nacional e celebrou unhas novas probas, xa ao abeiro do goberno, o 14 de outubro de 1897 no campo de Satory (Versalles). Foi autor de escritos sobre aeronáutica e aviación, entre os que cómpre salientar Aviation militaire (Aviación militar, 1909) e La première étape de l’aviation militaire en France (Primeira etapa da aviación militar en Francia, 1915).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Muret, Languedoc -
Deceso
Lugar : Toulousse