adestrador -ra

adestrador -ra

(< adestrar)

s [DEP]

Persoa que se dedica a aprenderlles aos deportistas os fundamentos dunha disciplina deportiva, programar a súa preparación física e formular a táctica a desenvolver durante a competición. No deporte profesional, un adestrador pode realizar todas ou só algunhas destas funcións, sendo habitual que se reserve as relativas aos aspectos técnico e táctico, delegando noutros colaboradores as relacionadas coa preparación física. Mantén neste caso só unha función de supervisión.

Ex: O adestrador dirixía a sesión de exercicios da mañá.

Citas

  • O adestrador dirixía a sesión de exercicios da mañá.

Palabras veciñas

adermina | Adeste fideles | adestrado -da | adestrador -ra | adestramento | adestrar | adeus