adestramento

adestramento

(

  1. s m

    Acción e efecto de adestrar ou adestrarse.

    Ex: O adestramento é preciso antes de facer o Camiño de Santiago.

  2. s m

    Exercicios realizados con animais, especialmente con cans, coa intención de que realicen movementos ensaiados, que localicen persoas soterradas ou para atopar mercadorías delitivas, etc.

    Ex: O adestramento dos cans permitiu salvar a cinco persoas.

  3. s m [DEP]

    Sesión na que os deportistas executan exercicios para o mantemento da súa forma física e a mellora da técnica e táctica individual e colectiva.

    Ex: Finalizado o adestramento, os xogadores fixeron as declaracións.

Palabras veciñas

Adeste fideles | adestrado -da | adestrador -ra | adestramento | adestrar | adeus | adeus