adhesión
(< lat ad + haesione
-
s
f
Acción e efecto de adherir ou adherirse.
Ex: A adhesión a ideas políticas extremistas sempre trae problemas. A adherencia deste pegamento é moi forte.
Sinónimos: adherencia. -
s
f
[DER]
Acto polo que un estado acepta as obrigacións dun tratado concluído por outros estados.
-
s
f
[DER]
Contrato no que unha das partes fixou por adiantado todas ou as máis importantes das cláusulas sen que a outra parte puidese modificar ningunha. É habitual nos servicios públicos.
-
s
f
[FÍS]
Forza que se opón á separación de dous corpos postos en contacto íntimo, e que é debida á atracción mutua das moléculas.
-
s
f
[QUÍM/FÍS]
Fenómeno por medio do que dúas superficies se manteñen xuntas por forzas intermoleculares. A adhesión pode ser mecánica, electrostática ou por atracción molecular, segundo a causa que a provocou. Dende o punto de vista termodinámico presenta dous puntos que definen o sistema: a mollabilidade e a adhesión. As condicións termodinámicas de molladura e extensión dun líquido sobre un sólido baséanse no ángulo de contacto entre ambos. Cando este é igual a 0° o líquido molla a superficie completamente. Cando é superior a 0° o líquido non se dispersa. Na molladura son moi importantes os graos de enerxía superficial (alto ou baixo), a tensión superficial crítica e a natureza da superficie (lisa, compacta ou porosa). Así mesmo é importante o proceso de reversión da adherencia. Cando un enganchador se solidifica, para desenvolver a súa coherencia e a forza de adhesión, segue un dos tres procesos seguintes: por enfriamento dun composto en estado de fusión; por evaporación de disolventes; por reaccións químicas, con ou sen catalizadores. A análise da forza adhesiva e a resistencia á ruptura dun conxunto adhesivo baséase en dous tipos de xuntanza: por anelamento e propia. A xuntanza propia é de aplicación moi xeral, mentres que a xuntanza por anelamento é usada con adherentes fibrosos como papel, téxtiles e chapas de madeira.