adherir

adherir

(< lat adhaerēre < ad‘a’ + haerēre ‘estar unido’)

  1. v t

    Aplicar algunha cousa á superficie doutra facendo que se agarre.

    Ex: O pintor tardou dúas horas en adherir o papel ás paredes do salón.

    Sinónimos: pegar, pegar. Antónimos: desapegar, despegar. Confrontacións: fixar.
  2. v i e pron

    Quedar pegado algunha cousa a outra.

    Ex: A resina adhírese ós dedos. O sobre está adherido pola humidade.

  3. v pron
    1. Manifestarse alguén completamente de acordo cunha idea, opinión, ditame ou doutrina.

      Ex: O claustro en pleno adheriuse á homenaxe do vello profesor.

    2. Integrarse nun partido político ou movemento asociativo co que se está de acordo ideoloxicamente.

      Ex: Rapidamente se adheriu ás ideas socialistas e militou no partido.

  4. adherirse á apelación [DER]

    No proceso xudicial, petición de apelación ao tribunal, demandando a revogación total ou parcial da sentenza ou da resolución xa apelada antes por outro litigante.

Palabras veciñas

ADH | adherencia | adherente | adherir | adhesión | adhesividade | adhesivo -va
Conxugar
VERBO adherir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adhiro
adhires
adhire
adherimos
adherides
adhiren
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adhería
adherías
adhería
adheriamos
adheriades
adherían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherín
adheriches
adheriu
adherimos
adheristes
adheriron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherira
adheriras
adherira
adheriramos
adherirades
adheriran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherirei
adherirás
adherirá
adheriremos
adheriredes
adherirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adheriría
adherirías
adheriría
adheririamos
adheririades
adherirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adhira
adhiras
adhira
adhiramos
adhirades
adhiran
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherise
adherises
adherise
adherisemos
adherisedes
adherisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherir
adherires
adherir
adherirmos
adherirdes
adheriren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
adhire
-
-
adheride
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adherir
adherires
adherir
adherirmos
adherirdes
adheriren
Xerundio adherindo
Participio adherido
adherida
adheridos
adheridas