adiabático -ca

adiabático -ca

(< gr ἀδι άβατος‘impenetrable’ + -ικ ός ‘relativo a’)

  1. adx [FÍS]

    Impenetrable á calor ou que se lle opón.

  2. adx [FÍS]

    Proceso termodinámico no que non hai intercambio de calor entre o sistema considerado e o exterior. Nun proceso adiabático reversible a entropía do sistema mantense constante.

  3. aproximación/separación adiabática [FÍS]

    Separación de Born-Oppenheimer.

  4. extrusión adiabática [FÍS]

    Denominación impropia dun sistema de extrusión no que non hai subministro de calor exterior á extrusora, se ben pode haber eliminación por enfriamento.

  5. liña adiabática seca e saturada [METEOR]

    Liña que nun diagrama aerolóxico presenta as transformacións dunha cantidade de aire seco ou de aire saturado.

  6. movemento adiabático [FÍS]

    Movemento onde non hai ningunha forza que tenda a cambiar as coordenadas cíclicas.

Palabras veciñas

Ādi-Buddha | ADI-FAD | Ādi-granth | adiabático -ca | adiabatismo | Adiabé | adiable