adiaforista

adiaforista

(< adiaforismo)

  1. s

    Seguidor do adiaforismo.

  2. s [RELIX]

    Grupo protestante xermánico que consideraba como adiaphora (cousas indiferentes), a confirmación, a unción dos enfermos, a misa sen transubstanciación e a veneración dos santos e outras prácticas católicas. Este grupo, representado por teólogos de Wittenberg -principalmente Philipp Melanchthon-, aceptaba estas prácticas como válidas para o luteranismo nun intento por restablecer a unión entre católicos e reformistas e entre as diversas igrexas da Reforma. No ano 1548 proclamaron un texto, coñecido co nome de Interim de Ausgburgo, que comprendía 26 artigos redactados con espírito católico pero con criterio protestante.  Malia que estivo consensuado por dous teólogos católicos e outros dous protestantes, o feito de que o Emperador Carlos V de Alemaña se entrometese na cuestión, molestou en Roma, que non o apoiou. Isto motivou que no Concilio de Trento se condenase o texto, que non satisfacía a ninguén. O Interim apenas se aplicou nunhas poucas cidades nas que o Emperador Carlos tiña maior autoridade, entre elas Augsburgo. A última controversia solucionouse coa Fórmula da Concordia (1577), que establecía a posibilidade de cambio para cada igrexa ao respecto daquelas cerimonias non recollidas na Biblia. No seo do protestantismo estableceuse, no século XVII, unha nova polémica adiaforista entre un grupo de pietistas, seguidores de Philipp Jakob Spener e August Hermann Francke, que xulgaban como pecaminoso o baile, o teatro e outras manifestacións sociais fronte aos luteranos ortodoxos que as consideraban adiáphora e, polo tanto, eran permisivos con elas.

Palabras veciñas

adiaforético -ca | adiaforia | adiaforismo | adiaforista | adiáforo -ra | Adiala | adiamantado -da