Adiala

Adiala
[PUBLIC]

Revista   trimestral bilingüe publicada polo Centro Galego de Mallorca dende abril de 1989. Dirixida por Luís Fernández Pombo conta, entre outras, coas colaboracións de Xosé Hermida, Crespo Barciela, Cándido Pena Liste, Pedro Calviño, Fernando Amarelo de Castro e Mª Rosa Estaras. Nela aparece recollida información sobre o Centro e as súas actividades, novas de gastronomía, humor, cultura, etc; amais de composicións poéticas, contos e a reprodución dalgunhas obras de artistas coñecidos.