Adiantum

Adiantum
[PLANTA]

Xénero de fentos, principalmente tropicais, caracterizados pola posición marxinal dos esporanxios. En Galicia está representado pola especie A. capillus-veneris, caracterizada por rizomas serpeantes e frondes de ata 40 cm, bipinnatisectas, cos segmentos flabeliformes ou cuneiformes e cos pecíolos negros e lustrosos; é moi común en rochas e muros húmidos e emprégase contra a tose e os catarros das vías respiratorias.

Palabras veciñas

adiante | Adiante | adianto | Adiantum | adiar | adiatermancia | adiatético -ca