adianto
(< adiantar)
-
s
m
Acción e efecto de adiantar ou adiantarse.
-
s
m
[ECON]
-
Reembolso de capital á agricultura. Segundo os fisiócratas, distínguense tres tipos: primeiros adiantos, que teñen por obxecto preparar o terreo para o cultivo; adiantos anuais, para afrontar os gastos dos cultivos que se repiten anualmente; e adiantos primitivos, para investimentos duradeiros como gandería e maquinaria, que só poden ser reembolsados en períodos superiores a un ano.
-
Pagamento anticipado ou empréstito.
Ex: Pediu un adianto á empresa na que traballa.
-
Empréstito ou póliza de crédito que concede un banco comercial a un cliente por un tempo indefinido, aínda que modernamente tende a estar fixado, cousa que non quita que sexa renovado case automaticamente.
-
-
s
m
Progresión, paso cara a adiante nun proceso evolutivo do que se obteñen beneficios.
Ex: Aquel aparello supuxo un adianto para a humanidade.
Sinónimos: avance, mellora, progreso. Antónimos: atraso, retroceso. -
s
m
[CRON]
Diferencia entre a hora do cronómetro e a hora civil de Greenwich cando a primeira é posterior.
Ex: Teñen dúas horas de adianto con respecto á nosa.
-
adianto reintegrable
[DER]
Libramento que unha empresa consinte en facer a un traballador a conta do seu soldo, do cal lle será descontado na contía e nos termos convidos.