adianto

adianto

(< adiantar)

  1. s m

    Acción e efecto de adiantar ou adiantarse.

  2. s m [ECON]
    1. Reembolso de capital á agricultura. Segundo os fisiócratas, distínguense tres tipos: primeiros adiantos, que teñen por obxecto preparar o terreo para o cultivo; adiantos anuais, para afrontar os gastos dos cultivos que se repiten anualmente; e adiantos primitivos, para investimentos duradeiros como gandería e maquinaria, que só poden ser reembolsados en períodos superiores a un ano.

    2. Pagamento anticipado ou empréstito.

      Ex: Pediu un adianto á empresa na que traballa.

    3. Empréstito ou póliza de crédito que concede un banco comercial a un cliente por un tempo indefinido, aínda que modernamente tende a estar fixado, cousa que non quita que sexa renovado case automaticamente.

  3. s m

    Progresión, paso cara a adiante nun proceso evolutivo do que se obteñen beneficios.

    Ex: Aquel aparello supuxo un adianto para a humanidade.

    Sinónimos: avance, mellora, progreso. Antónimos: atraso, retroceso.
  4. s m [CRON]

    Diferencia entre a hora do cronómetro e a hora civil de Greenwich cando a primeira é posterior.

    Ex: Teñen dúas horas de adianto con respecto á nosa.

  5. adianto reintegrable [DER]

    Libramento que unha empresa consinte en facer a un traballador a conta do seu soldo, do cal lle será descontado na contía e nos termos convidos.

Palabras veciñas

Adiante | adiante | Adiante | adianto | Adiantum | adiar | adiatermancia