mellora
mellora
(< mellorar)
-
s
f
Acción e efecto de mellorar.
Sinónimos: melloramento. Confrontacións: melloría. -
s
f
[DER]
Parte dunha herdanza que se lle deixa a alguén, a maiores da que lle corresponde por lei.
-
s
f
[DER]
Figura do dereito civil que permite desigualar os fillos lexítimos na herdanza, mediante a atribución a calquera deles ou aos seus descendentes, dun terzo de lexítima que a lei lles atribúe aos descendentes lexítimos. Os titulares do terzo de mellora só poden ser os fillos ou descendentes do causante.
-
s
f
[DER]
Gastos útiles que fai alguén en propiedade allea en calidade de arrendatario ou usufrutuario.