mellor

mellor

(< lat melĭōre)

  1. adx

    Que é superior con respecto a outro.

    Ex: Tivemos mellor tempo no norte ca no sur.

  2. adx e s

    Que ou quen é o máis bo de todos.

    Ex: Gañou o mellor corredor. Os premios foron todos para o mellor.

  3. adx

    Que é preferible.

    Ex: É mellor saír cedo da casa.

  4. adv

    De maneira máis boa ou superior.

    Ex: Come mellor desde que foi aos baños.

Frases feitas

  • Do melloriño. Moi bo.

  • Ao/Ó mellor. Se cadra.

Formas incorrectas

millor

Refráns

  • A casa, xa labrada; a viña, xa prantada; e a sogra, xa enterrada.
  • Do mar: o mero; e da terra, o becerro.
  • Mellor é que digan ¡Quen está alá!, que ¡Quen está acá!.