avance

avance

(< avanzar)

  1. s m

    Acción e efecto de avanzar ou avanzarse.

    Ex: Os avances na medicina moderna diminuíron a taxa de mortalidade.

    Sinónimos: adianto, progresión. Confrontacións: retroceso.
  2. s m

    Feito de ir cara a adiante

    Ex: Estes patíns non me permiten facer un avance rápido.

    Sinónimos: adiantar.
  3. s m [BÉL]

    Partida ou unidade que está máis adiantada ou que marcha por diante do grupo principal das forzas.

  4. s m [ENX/IND]

    Tempo que se fai transcorrer entre o salto da chispa ou o inicio da inxección e o punto morto superior (PMS), nos motores de acendido por chispa ou de acendido por compresión, respectivamente. O avance é preciso para poder obter a máxima presión por combustión total, no momento no que o pistón acada o PMS, e aproveitar optimamente esa expansión. O avance debe ser variable, cousa que se acada grazas ao variador de avance, ou ben automatico nos motores con acendido electrónico.

  5. s m [ESPECT]

    Fragmentos breves ou resumos dunha película, dun informativo ou de calquera outro programa, que se insiren dentro da emisión televisiva ou radiofónica co obxecto de anuncialos e desenvolvelos con posterioridade de forma ampliada.

    Ex: No avance informativo saíu un adianto da información sobre o atentado terrorista desta mañá.

  6. [INFORM/TECNOL]
    1. avance rápido

      Sistema que permite localizar imaxes ou puntos concretos nunha serie de datos.

    2. avance rápido de gravación

      Control en diversos aparellos electrónicos e informáticos que permite avanzar nunha gravación a unha velocidade superior á de reprodución.

      Ex: Avariouse o avance rápido do noso vídeo.

  7. s m [LIT]

    Termo da poética francesa que identifica un tipo de rima que depende dos fonemas finais dos versos. Considérase rima por avance cando se engade un fonema á vogal tónica da palabra en posición de rima que non aparece na palabra seguinte en posición de rima. É o procedemento contrario á rima por aumento.

  8. s m [TECNOL]

    Nunha máquina-ferramenta, movemento relativo que expón sucesivamente novas partes da peza á acción de corte da propia ferramenta. O accionamento do avance é xeralmente mecánico e, eventualmente, hidráulico ou pneumático. O avance, que pode ser lonxitudinal, transversal ou combinado, inflúe directamente na rugosidade da superficie mecanizada.

  9. ángulo de avance [ENX/IND]

    Ángulo que forma o eixe da manivela e o pistón, no momento de producirse o salto da chispa ou de iniciarse a inxección, nos motores de acendido por chispa e de acendido por compresión, respectivamente.

  10. avance da corredeira [IND]

    Disposición da corredeira respecto aos dragantes dunha máquina de vapor, que os deixa parcialmente descubertos cando o pistón se atopa nun punto morto.

  11. avance de fase [FÍS]

    Diferencia de fase entre dúas magnitudes sinusoidais da mesma frecuencia cando toman a segunda como referencia.

  12. avance dunha válvula [ENX/IND]

    Disposición das válvulas de aspiración e de escape, nun motor de combustión interna, de xeito que o inicio da súa abertura sexa anterior aos puntos mortos superior e inferior, respectivamente.

  13. variador de avance [ENX/IND]

    Dispositivo, xeralmente automático, do que van provistos os motores, especialmente os dos automóbiles, para poder corrixir ou regular o avance. Os variadores de avance poden ser activados só polo réxime do motor, pola depresión creada polo paso do aire no difusor do carburador ou pola entrada do aire nos motores de inxección. Nos primeiros, a árbore de levas está provista dunhas masas que desprazan unhas levas que actúan por riba do distribuídor de acendido. Nos segundos, a depresión creada polo paso do aire fai mover un pequeno pistón ou unha membrana que acciona o distribuidor de acendido, coa variación angular desexada.