Adís Abeba

Adís Abeba
Nome científico: [amhárico: Adis Abeba]

Capital da Etiopía, situada ao pé dos montes Entotto e ao L do altiplano de Shewa, a 2.730 m alt (2.112.737 h [1994]). Addis Abeba encóntrase nunha rexión agrícola, fértil e ben regada. Cidade de aspecto moderno, constitúe un importante núcleo de comunicacións. Centro administrativo, comercial e cultural, conta con universidade e   importantes museos. É sede da Organización para a Unidade Africana. A creación de Addis Abeba foi obra de Menelik II (1889), que transferiu alí os órganos administrativos do imperio etíope. Ao final da Guerra de Etiopía (1936), os italianos convertérona en sede do seu vicerreinado de África Oriental.