adoecer

adoecer

(< lat ad ‘a’ +*addolescĕre < dolescĕre ‘doerse, ter dor ’incoativo dedolēre ‘doer’)

  1. v i
    1. Padecer algunha doenza.

      Ex: Adoecía de fortes dores no lombo.

      Sinónimos: enfermar.
    2. Contraer a enfermidade da rabia.

      Ex: O can, despois de ser trabado por outro, adoeceu.

      Sinónimos: rabiar.
  2. v i

    Padecer  por mor dunha dor intensa ou desgracia.

    Ex: Aqueles nenos adoecían coa fame.

  3. v i

    Perder a paciencia ante determinadas circunstancias.

    Ex: Adoecía pola tardanza.

  4. v i

    Desexar con forza algo.

    Ex: Adoecía por un xeado.

    Sinónimos: devecer.
  5. v i

    Carecer de algo, faltar algún elemento que complete un conxunto.

Frases feitas

  • Adoecer coa fame. Estar famento.

Palabras veciñas

adobiar | adobío | adobo | adoecer | adoecido -da | Adoelado | adoelado -da
Conxugar
VERBO adoecer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoezo
adoeces
adoece
adoecemos
adoecedes
adoecen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoecía
adoecías
adoecía
adoeciamos
adoeciades
adoecían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoecín
adoeciches
adoeceu
adoecemos
adoecestes
adoeceron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoecera
adoeceras
adoecera
adoeceramos
adoecerades
adoeceran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoecerei
adoecerás
adoecerá
adoeceremos
adoeceredes
adoecerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoecería
adoecerías
adoecería
adoeceriamos
adoeceriades
adoecerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoeza
adoezas
adoeza
adoezamos
adoezades
adoezan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoecese
adoeceses
adoecese
adoecesemos
adoecesedes
adoecesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoecer
adoeceres
adoecer
adoecermos
adoecerdes
adoeceren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
adoece
-
-
adoecede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adoecer
adoeceres
adoecer
adoecermos
adoecerdes
adoeceren
Xerundio adoecendo
Participio adoecido
adoecida
adoecidos
adoecidas