adonías

adonías
s f pl [HIST]

Festas da morte e a resurrección de Adonis celebradas no mundo antigo, sobre todo, en Biblos (Fenicia), Pafos (Chipre) e Alexandría. Nesas festas cantábanse himnos funerarios e plantábanse en vasillas de boca ampla herbas de crecemento rápido que morrían axiña, eran os famosos xardíns de Adonis. Representaban a conmemoración do ciclo primaveral.

Palabras veciñas

Adonais | adondar | Adoni | adonías | Adonías | adónico -ca | adonis