adoración
adoración
(< lat adoratiōne)
-
s
f
Acción de adorar e de render culto.
-
s
f
[RELIX]
Acto esencial da relixión co que o crente recoñece a dependencia total da divindade e a súa superioridade infinda. É o acto que inspira habitualmente a vida do crente e que adoita ser expresado en pregarias, himnos e demais, xunto con actitudes corporais como a reverencia profunda, o acatamento ou a prostración.
Ex: A adoración a deuses menores era habitual en Grecia e Roma.
-
s
f
Efecto dunha paixón e amor profundos dirixidos cara a algo ou alguén que teña un significado especial para unha persoa.
Ex: Sente adoración polos seus netos.
Sinónimos: idolatría. Antónimos: desprezo, odio. Confrontacións: veneración. -
Adoración dos Reis Magos
[ARTE]
Tema artístico que ten a súa orixe na escena da Epifanía do Evanxeo segundo San Mateo.