Adoración

Adoración

(< lat adoratiōne)

[ONOM]

Antropónimo   procedente do latín adorationem ‘adoración’. Na súa orixe era un nome común de xénero feminino que pasou despois a se converter en nome propio de muller. Este nome lembra a adoración dos Magos de Oriente ao neno Xesús en Belén relatada polo evanxeo de san Mateo. A festa da Adoración ou dos Reis celébrase cada 6 de xaneiro. O hipocorístico deste nome é Dora.