Adrio Barreiro, Gonzalo
Adrio Barreiro, Gonzalo
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicou a súa vida ao exercicio da avogacía e ao estudo do Dereito Civil Galego.
Ingresou na Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación no 1970. Foi Deputado no Parlamento de Galicia entre 1985 e 1989.
En 2003 recibiu o premio honorífico Cidade de Pontevedra outorgado polo Concello "pola súa traxectoria vital na loita pola recuperación da memoria histórica, exemplo de honestidade e entrega comprometida co noso tempo e coa nosa terra, no que se personalizan os valores democráticos e de solidariedade". En 2011, o goberno de España concedeulle a Medalla ao Mérito do Traballo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Falecemento
Lugar : Pontevedra