aduana

aduana

(< ár addīwāna‘rexistro’ < persa dēwān ‘arquivo’)

  1. s f

    Administración encargada de percibir os dereitos establecidos sobre certas mercadorías na entrada e saída do territorio dun estado ou impedir a circulación de produtos prohibidos. A aduana cumpre unha dobre función: é un instrumento de política económica e unha fonte de ingresos públicos. Dentro do ámbito da Unión Europea, existe un mercado interior, vixente dende o 1 de xaneiro de 1993, caracterizado pola supresión, entre os estados membros, dos obstáculos á libre circulación de mercadorías, é dicir, entre estes suprímense os dereitos de aduana e as restricións cuantitativas na entrada e saída das mercadorías.

    Ex: Pasaron pola aduana para as comprobacións pertinentes.

    Sinónimos: alfándega.
  2. s f

    Oficina dunha aduana, situada normalmente nas fronteiras, portos e aeroportos para controlar a circulación de persoas e mercadorías.

    Ex: Na aduana de París non me pediron o pasaporte.

    Sinónimos: alfándega.

Palabras veciñas

adstrato | adúa | Adúa | aduana | aduanada | aduanar | aduaneiro -ra