adufe
adufe
(<ār ad-duff ‘o pandeiro’)
s
m
[MÚS]
Instrumento musical de percusión de orixe norteafricana formado por unha estrutura ríxida de forma cadrada e cuberta polas dúas bases cunha pel tensada. Empregábano na Idade Media os trobadores e xograres como elemento de acompañamento para as súas creacións poéticas. Aparece documentado en miniaturas dos códices da época.