pandeiro

pandeiro

(< lat pandorĭu)

  1. s m [MÚS]

    Instrumento musical de percusión cuadrangular constituído por un bastidor de madeira, duns 35 cm de lado e 5 cm de ancho, revestido dunha pel de cabra, dobrada nun dos seus extremos e cosida nos outros tres, que se toca golpeándoo coas mans, os cotenos, etc. No interior sitúanse unhas pequenas cordas das que se penduran uns axóuxeres que lle dan maior sonoridade, e no exterior vai unha correa de coiro para poder penduralo do pescozo, ou ben dúas cintas para poder atalo no van.

  2. s m

    Músico que toca este instrumento.

Frases feitas

  • Alegre/Contento coma un pandeiro. Moi contento.

  • Facer do seu (cu) un pandeiro. Facer un co seu o que lle dá a gana.

  • Facer de alguén un pandeiro. Dominar totalmente a unha persoa.

  • Poñer (o cu) coma un pandeiro. Darlle unha malleira a alguén.

Refráns

  • Alfaia por alfaia, mellor quero pandeiro que saia.
  • O pandeiro toca ben, as ferreñas fanlle o son.

Palabras veciñas

pandeirada | pandeireta | pandeireteiro -ra | pandeiro | Pandela | pandemia | pandémico -ca