pandeireta

pandeireta

(

s f [MÚS]

Instrumento musical de percusión que consiste nun aro de madeira, de 25 a 30 cm de diámetro, revestido nun dos lados con pel de ovella e que nos bordos leva colocados, nunhas rañuras, en grupos de dous, uns discos de latón, denominados ferreñas, nunha cantidade que oscila entre os 7 e os 14 pares. As fendas do aro e colocadas en dous planos paralelos á membrana, poden presentarse alternas ou ben situadas perpendicularmente. Tócase movéndoo cunha man e golpeándoo contra a outra.

Frases feitas

  • Sacudirlle a pandeireta. Pegar moito a alguén.

Palabras veciñas

pándego -ga | pandeira | pandeirada | pandeireta | pandeireteiro -ra | pandeiro | Pandela