pandeirada
(
-
s
f
Conxunto de pandeiros que se tocan ao mesmo tempo.
-
s
f
-
[MÚS]
Forma musical con acompañamento rítmico, semellante ao da muiñeira, que se caracteriza porque a parte musical, o canto e o ritmo son executados por unha soa persoa. É sempre coreada e rítmica, de ritmo melódico binario, cun acompañamento de ritmo terciario ostinato baseado na reiteración. A melodía pode articularse sobre o mesmo ritmo de acompañamento ou sobre outro diferente. A súa denominación garda unha estreita relación co instrumento de percusión co que se marca o ritmo: o pandeiro, ás veces substituído pola pandeireta. A súa orixe é incerta, xa que non se conserva ningunha fonte documental que indique a época precisa en que se creou, se ben o carácter arcaico dalgunhas das composicións fai pensar na pandeirada como unha das formas máis antigas do folclore galego, antecedente da muiñeira.
-
Baile ao son desta música.
-
[MÚS]