Ady, Endre
Poeta, publicista e contista húngaro. Foi o creador lírico formalmente e tematicamente máis orixinal das letras húngaras de comezos do s XX. Confirmou a validez das súas ideas artísticas ao coñecer o simbolismo francés, sen embargo, contrariamente aos seus modelos, emprega o símbolo para desvelar as conexións máis profundas da realidade e para expresar unha posición política radical. O seu compromiso social fíxolle escribir poemas dedicados aos problemas sociais, pero tamén ao amor, á vida, á morte, etc. Publicou, entre outras, as coleccións poéticas Új versek (Novas poesías, 1905), Vér és arany (Sangue e ouro, 1907), Az Illés szekerén (No carro de Elías, 1908), Szeretném ha szeretnének (Querería que me estimasen, 1909) e A halottak élén (Encabezando a marcha dos mortos, 1918).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Érmindszent, Hungría -
Deceso
Lugar : actual Ady Endre, Romanía -
Deceso
Lugar : Budapest