Aecio
Aecio
Bispo ariano, orixinario de Antioquía. Consagrado durante o Reinado de Xuliano foi un hábil dialéctico. Xunto cos seus seguidores, chamados anomeos ou aecianos, ensinou que o Fillo é distinto do Pai: unha criatura, ben que a máis perfecta.