AEG

AEG

Empresa alemana dedicada á fabricación de material eléctrico e electrónico, fundada en 1883 por Emil Rathenau en Berlín. En 1903, xunto coa compañía Siemens fundou a Telefunken. A súa factoría de Berlín (Turbinenfäbrik AEG), construída por Peter Behrens en 1909, constitúe un punto de inflexión nas tipoloxías arquitectónicas fabriles, ao introducir o racionalismo como xeito de conxugar estética e industria. En decembro de 1993 vendeulle á multinacional sueca Electrolux a súa sección de electrodomésticos.

Palabras veciñas

aedii* | aedios ou aedii | aedo | AEG | Aegilops | Aegithalos | Aegyptopithecus