aeroxerador

aeroxerador
s m [TECNOL]

Tipo de aeromotor capaz de aproveitar a enerxía eólica para xerar electricidade. Está constituído por un rotor, movido pola forza do vento, que ten o eixe acoplado a un alternador. A potencia depende da velocidade do vento, do tipo de rotor e da superficie que este cubra. Hai rotores de eixe horizontal, bipá ou tripá, e de eixe vertical, tipo Daerrius e Savonius.

Palabras veciñas

aerovía | Aerovías de México | aeroxel | aeroxerador | Aertsen, Pieter | AES | Aesculus