aeroxerador
aeroxerador
s
m
[TECNOL]
Tipo de aeromotor capaz de aproveitar a enerxía eólica para xerar electricidade. Está constituído por un rotor, movido pola forza do vento, que ten o eixe acoplado a un alternador. A potencia depende da velocidade do vento, do tipo de rotor e da superficie que este cubra. Hai rotores de eixe horizontal, bipá ou tripá, e de eixe vertical, tipo Daerrius e Savonius.