afectividade

afectividade

(< afecto)

  1. s f

    Capacidade natural do individuo para experimentar afectos. As principais formas de afectividade son o sentimento, a emoción, a paixón e o humor.

    Ex: Sente unha grande afectividade polas persoas maiores.

    Confrontacións: cordialidade.
  2. s f

    Conxunto de aspectos da personalidade humana que comprende un conxunto de emocións, paixóns e sentimentos simples e complexos do individuo, xunto coa modalidade das reaccións deste ante os diversos acontecementos da vida.

    Ex: O amor é unha demostración clara da afectividade.

    Confrontacións: cordialidade.

Palabras veciñas

afectación | afectado -da | afectar | afectividade | afectivo -va | 1 afecto | 2 afecto -ta