afectivo -va

afectivo -va

(< afecto)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás afeccións, aos afectos.

    Ex: Os seus desequilibrios afectivos repercuten no seu comportamento.

  2. adx

    Individuo que se caracteriza porque na súa conduta domina a afectividade.

    Ex: Xián é un neno moi afectivo, súa nai chochea por el.

  3. acento afectivo [LING]

    Acento que recae sobre unha sílaba que é átona segundo o sistema e que, desta maneira, consegue dar un valor especial á palabra á que pertence ( acento).

  4. linguaxe afectiva [LING]

    Linguaxe que ten a calidade da afectividade; na lingua falada depende da entoación; na linguaxe escrita a afectividade pode vir dada, por exemplo, por unha orde especial na colocación das palabras.

Palabras veciñas

afectado -da | afectar | afectividade | afectivo -va | 1 afecto | 2 afecto -ta | afectuoso -sa