afectivo -va
afectivo -va
(< afecto)
-
adx
Relativo ou pertencente ás afeccións, aos afectos.
Ex: Os seus desequilibrios afectivos repercuten no seu comportamento.
-
adx
Individuo que se caracteriza porque na súa conduta domina a afectividade.
Ex: Xián é un neno moi afectivo, súa nai chochea por el.
-
acento afectivo
[LING]
Acento que recae sobre unha sílaba que é átona segundo o sistema e que, desta maneira, consegue dar un valor especial á palabra á que pertence ( acento).
-
linguaxe afectiva
[LING]
Linguaxe que ten a calidade da afectividade; na lingua falada depende da entoación; na linguaxe escrita a afectividade pode vir dada, por exemplo, por unha orde especial na colocación das palabras.