afervoado -da

afervoado -da

(< afervoar)

  1. p reg

    de afervoar.

  2. adx

    Que defende ou mantén as súas ideas ou crenzas fervorosamente.

    Ex: O noso mestre é un afervoado defensor da participación activa dos alumnos en clase.

    Sinónimos: entusiasta.
  3. adx

    Que actúa con entusiasmo ou fervor.

    Ex: Os afervoados seguidores cantaban o himno do equipo.

    Antónimos: glacial.

Palabras veciñas

aferrollar | aferventado -da | aferventar | afervoado -da | afervoamento | afervoar | affettuoso*