afgán -na

afgán -na

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Afganistán, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    Ex: A cultura afgana está moi vencellada á relixión musulmana.

  2. s e adx

    Natural ou habitante de Afganistán.

    Ex: Veu un afgán a casa para vender un par de alfombras para o salón.

  3. s m [HIST/ETN]

    Pobo que habita principalmente no centro, sur e leste de Afganistán (constituíndo o grupo étnico máis numeroso dese país), aínda que tamén viven en áreas veciñas do Paquistán, onde se chaman pathanos, e de Irán. Pertencen ao grupo indoafgán (indoeuropeo). Polos seus trazos físicos pódese dicir que son dolicocéfalos, altos e de pel clara. Malia a súa islamización, do mesmo xeito que outros pobos islámicos, non se arabizaron. Así mesmo, as poboacións, que aínda conservan modos de vida tradicionais, dedícanse, principalmente á gandería e son nómadas ou seminómadas.

    Ex: Moitos afgáns practican o nomadismo.

  4. s m [LING]

    Lingua oficial, xunto co persa, de Afganistán dende 1936. O paxto (paštō), nome máis axeitado lingüisticamente, pertence ao grupo indoiranio, da familia indoeuropea, e está emparentado co persa antigo, co avéstico, co sogdián, co curdo e co baluchi.

Palabras veciñas

afervoar | affettuoso* | AFG | afgán -na | afgani | Afgānī, amāl al-Dīn, al- | Afganistán