afogado -da
afogado -da
(< afogar)
-
p reg
de afogar.
-
adx
Que é un lugar pequeno, moi estreito e con pouca ventilación.
Ex: Estaban nun local tan afogado que a penas podían respirar.
Sinónimos: asfixiante. -
s
Persoa que se angustia ante a dificultade.
Ex: É unha afogada e non se lle dan nada ben facer exames orais.
-
s
Persoa que morreu por falta de respiración, especialmente os mortos na auga.
Ex: No naufraxio daquela embarcación houbo moitos afogados.
-
adx
Aquela voz que se produce con dificultade.
Ex: Desfeita en bágoas só lle saían palabras afogadas.
-
Colar curto que empregaban as mulleres a principios do s XVIII.
Frases feitas
-
Estar afogado. Ter moito traballo. Ex: Non sae case nunca porque está afogado cos exames.