afogadizo -za
afogadizo -za
(< afogar)
-
adx
Que ten dificultade para respirar.
Ex: Resultou ser un personaxe afogadizo en lugares moi cerrados.
-
adx
Que é un lugar pequeno ou con mala ventilación que provoca problemas de respiración.
Ex: Esa discoteca é afogadiza.
Sinónimos: asfixiante. -
adx e s
Que se atafega con facilidade ante calquera dificultade.
Ex: Era tan afogadizo que nunca facía as cousas ben, atrapallábase todo. É un afogadizo, non lle fagas caso.