afonsino -na
(< Rei Afonso)
-
adx
[HIST]
Relativo ou pertencente ao Rei Afonso e ao seu Reinado.
Ex: O dereito foral da Coroa de Castela está recollido nas Partidas afonsinas.
-
s
[HIST]
Partidario de Afonso XII de España e do afonsismo.
-
adx
[LIT]
Na historia da literatura galega desígnase con este nome o período trobadoresco que floreceu durante o reinado de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal.
Ex: No período afonsino producíronse as cantigas marianas de Afonso X.
-
s
m
[NUMIS]
-
Nome dado a diversas moedas que circularon en Portugal e nos territorios das coroas de Castela e Aragón durante a Idade Media.
-
Nome dado ao marabedí de ouro cuñado en Toledo por Afonso VIII de Castela .
-
Moeda de prata iniciada en Sardeña polo infante Afonso o Benigno e cuñada por Xaime II de Aragón.
-
Moeda de vellón que durante o Reinado de Xaime II de Aragón equivalía á décima oitava parte dun afonsino de prata.
-
Moeda de ouro de 8,05 g, con valor de 25 pesetas, cuñada durante os Reinados de Afonso XII e Afonso XIII de España.
-
-
táboas afonsinas
[ASTRON]
Táboas astronómicas establecidas a partir de 1252 por Yěhudà ben Mošé e Iṣḥaq ben Sid. Foron confeccionadas no 1272, por encargo e baixo a supervisión de Afonso X de Castela. Calculadas a partir do meridiano e paralelo de Toledo, están baseadas na teoría de Ptolomeo, aínda que achegando melloras, entre as que cómpre destacar unha división do ano moito máis exacta. No s XIV, foron adaptadas aos meridianos e paralelos de París e de Londres e a súa importancia foi grande, mesmo despois da publicación das táboas rudolfinas por Képler (1627).