Afonso

Afonso

(< gótico hathu ‘loita’)

  1. [ONOM]

    Antropónimo creado en Galicia pola confluencia de catro nomes xermánicos moi próximos: Aldefunsus, Hildefunsus, Hathufuns e Alafunsus. Os catro teñen en común o segundo elemento -fonsus procedente do gótico *-funs ‘rápido, veloz, disposto, valente’ pero diferéncianse no primeiro que vén ser respectivamente: Ad-

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe posiblemente de orixe asturiana que se estendeu por Galicia. Salientan membros das casas de Santalla de Debesa (Ribadeo), da Torre de Novaes (casa primitiva doutras castes galegas), da casa de Carres en Cesuras (Betanzos), do lugar de Candín (Val de Ancares), de Villaza (Verín), de Escornabois (Trasmirás), do lugar de Pereiros, de Santa María de Lodoselo ou de Piñeira Seca (Xinzo de Limia) ou os da Coruña e Lugo, entre outros. Algunha rama galega descende dos de Burgos e os de Toledo teñen o seu berce en Galicia. As armas desta liñaxe levan, en campo de ouro, seis roeles de goles e no medio, unha espada espida. A rama que se asentou en Vigo trae escudo tronchado por unha banda de ouro, engolada en cabezas de dragóns do mesmo metal, salpicadas de sinople e lampasadas da mesma cor; a partición alta, de azur, con tres estrelas de ouro e a partición baixa, de prata, cun león rampante, de púrpura, armado e lampasado de goles; o bordo é de ouro. Outras variantes presentan,  en campo de prata, un león de púrpura; bordo de ouro, cargado de seis escudos, e cada un cargado, á súa vez, dunha cruz de goles. Finalmente, algúns ostentan escudo cuarteado: o primeiro e o cuarto, en campo de goles, un castelo de ouro, aclarado de azur; o segundo e o cuarto, en campo de prata, un león rampante, de goles.