Afonso IV de Aragón o Benigno
Rei de Aragón (1327-1336). Fillo de Xaime II e de Branca de Anjou. Casou con Teresa d’Entença (1314), herdeira do condado de Urgell, polo que incorporou á coroa un dos últimos condados cataláns independentes. Cando aínda era infante dirixiu a expedición a Sardeña que partiu de Portfangás (1323). Aínda que as cidades dominadas por Pisa ofreceron resistencia, Afonso conseguiu o dominio completo da illa logrando que Pisa renunciase ás súas posesións sardas, conservando como feudo o castelo de Cáller. Afonso o Benigno moveuse entre tres influencias: o seu espírito relixioso, a súa enfermidade crónica e a intervención política da súa segunda muller, Leonor, irmá de Afonso de Castela. A súa principal preocupación política foi dirixir unha cruzada contra o Reino musulmán de Granada, se ben non logrou organizala pois o Papa Xoán XXII non demostrou ningún entusiasmo e Afonso XI de Castela e León non foi sincero coas súas intencións. Non obstante , o maior problema que tivo foi o dominio da illa de Sardeña, foco de hostilidades no Mediterráneo occidental debido aos conflitos que xerou entre xenoveses, cataláns, mallorquinos e o Papa Xoán XXII.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nápoles -
Deceso
Lugar : Barcelona