aforamento

aforamento

(

  1. s m

    Acción e efecto de aforar.

  2. s m

    Contrato asinado entre o propietario e unha persoa á que se lle cede a propiedade, polo cal estará obrigado a pasarlle ao primeiro unha renda determinada, chamada foro.

    Ex: Coa sinatura dese aforamento, uníronse laboralmente durante dous anos máis.

  3. [METROL/ENX]
    1. s m

      Medida do caudal dun fluído que pasa por un conduto determinado. Os procedementos de aforamento clasifícanse en directos e indirectos. Os directos miden volumes do fluído en función do tempo; os indirectos consisten en medir a velocidade do fluído e multiplicar esta velocidade pola superficie da sección mollada.

    2. aforamento por contador

      Aforamento directo empregado para medir o caudal dun líquido ou dun gas nun conduto de dimensións non demasiado grande, consistente en intercalarlle un contador que totaliza a cantidade de fluído que pasa.

    3. aforamento por depósito gradual

      Aforamento directo consistente en medir o tempo que a auga procedente do conduto que se vai aforar tarda en encher un volume contido entre dous niveis determinados dun depósito.

    4. aforamento por detección de radiacións emitidas por radioisótopos

      Aforamento indirecto que consiste en inxectar, nun punto dun conduto, un radioisótopo e observar o tempo que a radiación tarda en aparecer noutro punto corrente abaixo.

    5. aforamento por métodos electromagnéticos

      Aforamento indirecto que consiste en adaptar á condución do fluído un dispositivo capaz de crear un campo magnético que, ao ser atravesado polo fluído, orixina unha corrente eléctrica, proporcional á velocidade deste fluído, que pode ser medida doadamente.

    6. aforamento por molinete

      Aforamento indirecto consistente en colocar, no interior da corrente e en paralelo ao sentido xeral de circulación, uns molinetes que, ao xiraren movidos pola corrente, permiten coñecer a velocidade en cada punto a partir do número de voltas que dan durante un tempo determinado.

    7. aforamento por orificios calibrados

      Aforamento directo consistente en deducir o caudal dunha lectura das presións ou da diferenza de presións nuns puntos adecuados situados preto destes orificios (diafragmas, tobeiras, tubos de Venturi).

    8. aforamento por tubos de Pilot

      Aforamento indirecto que consiste en medir a velocidade do líquido a partir da diferencia de presións observada entre uns furados de medida perpendiculares á corrente e outros paralelos a esta.

  4. aforamento da ventilación [OFIC/IND]

    Control, mediante anemómeros e catatermómetros, das correntes e do poder refrixerante do aire nas galerías das minas.

Palabras veciñas

Afons’ Eanes do Coton | Afontova | aforador -ra | aforamento | aforar | aforas | aforcado -da