aforismo
(
-
s
m
[DER]
Proposición que expresa un principio xurídico referente a un determinado campo do dereito. Malia que a súa forza xurídica unicamente se recoñece se son admitidos por preceptos legais ou por aceptación do Tribunal Supremo nalgunha sentencia, adoitan empregarse con frecuencia porque recollen características esenciais dalgunhas institucións ( regulae iuris ).
-
s
m
[LIT]
Proposición concisa, completa e a miúdo enxeñosa, escrita polo xeral en prosa, que enuncia unha norma filosófica, moral ou científica sen argumentala. Ao longo da súa historia adoptou diferentes nomes, entre outros, proverbio, adaxio, sentencia ou máxima. Inicialmente foi unha forma culta de expresión, contida en obras extensas, que podía illarse sen perder o seu significado orixinal. Atópanse nas antigas culturas exipcia, sánscrita, védica e chinesa. Non obstante , acadou a súa máxima difusión na cultura occidental grazas á influencia que exerceron nesta algúns libros bíblicos (Libro dos Proverbios, Eclesiastés) e os autores gregos (a especialización médica creada por Hipócrates) e latinos (Platón, Virxilio, Cicerón, Séneca, etc). Utilizado polos Pais da Igrexa, na Idade Media divulgáronse florilexios ou antoloxías dos autores clásicos, especialmente latinos. A partir desa base, adoptounos o pobo e recreounos imprimíndolles o sentido da experiencia humana e das normas de conduta que interpretaba a sabedoría popular ( refrán ). Chegaron aos nosos días, logo das innovacións renacentistas, barrocas e ilustradas, cun gran prestixio debido á influencia de autores como Goethe, Nietzsche ou Schopenhauer.