aforístico -ca
aforístico -ca
(< aforismo)
-
adx
En forma de aforismo, escrito con aforismos.
Ex: Sen dúbida, trátase dun texto aforístico.
-
s
f
Tratado sobre os aforismos.
Ex: Busqueinos na aforística que me proporcionaron na biblioteca.
-
s
f
Escolma ou recompilación de aforismos.
Ex: O noso profesor de Dereito Civil editou unha aforística moi extensa.