aftartodocetismo

aftartodocetismo
s m [RELIX]

Doutrina formulada no s VI por Xián, Bispo de Halicarnaso, como variante do monofisismo. Mantiña que o corpo de Xesucristo era incorruptible, impasible e inmortal; xa que logo, sostiña que, se realmente padeceu, foi por vontade propia. Combateuna Severo, patriarca de Antioquía, no seu intento por establecer unha ortodoxia monofisista. Os seus detractores déronlles o nome de pantasiastas.

Palabras veciñas

AFS | afta | Aftalion, Albert | aftartodocetismo | aftásida | aftose | aftoso -sa