aftásida
aftásida
s
m
[HIST]
Dinastía bérber (tamén denominada Banū al-Aftas) pertencente á tribo dos miknasa. Gobernou a Taifa de Badajoz entre os anos 1022 e 1095. O fundador foi ‘Abd Allāh ibn Mu ḥ ammad ibn Maslama (1022-1045), chamado Ibn al-Aftas (‘fillo da mona’). Sucedeuno o seu fillo Mu ḥ ammad al-Mu ẓ affar, quen se enfrontou cos Banū ‘Abbad de Sevilla, o que provocaría a debilitación da súa propia Taifa. A loita entre os seus fillos favoreceu a Umar al-Mutawakkil, quen facilitou a entrada en Al-Andalus dos almorábides, cos que se aliou contra Afonso VI de Castela trala Batalla de Coria. Umar non foi quen de albiscar os intereses opostos á súa dinastía dos almorábides que remataron coa execución del e mais da súa familia logo de entraren en Badajoz.